www.psoeabaña.com ============ consultas@psoeabaña.com

Condenan al ex-alcalde de Ares a cinco años de inhabilitación por un delito electoral


La sentencia considera probado que José Manuel Cendán (PP) censó a 31 personas en su casa antes de las elecciones municipales de 2003 // Su entonces compañera sentimental y secretaria personal, Montserrat Rodríguez, es condenada a un año de privación del derecho de sufragio pasivo.

Por engordar el censo de modo ilegal con fines electorales, el ex-alcalde de Ares, José Manuel Cendán, ha sido condenado a cinco años de inhabilitación, además de a pagar multas y las costas del proceso. La sentencia emitida por el Juzgado de lo Penal número 2 de Ferrol considera probado que el ex-regidor cometió un delito electoral. Concretamente, incrementó el censo poco antes de las elecciones municipales de 2003, con el fin de garantizar resultados favorables a su partido. El político, que actualmente ejerce como portavoz del PP en la oposición aresana, llegó a censar a 31 personas en su propia casa. En total, en marzo de 2003 aparecieron en Ares de repente 73 nuevos vecinos. Ahora se demuestra que sólo se inscribieron para garantizar más papeletas en las elecciones.

La sentencia también condena a la ex-compañera sentimental de Cendán y entonces secretaria personal en la Alcaldía, Montserrat Rodríguez, a un año de privación del derecho de sufragio pasivo. Montserrat también censó en su casa a otras 13 personas. Las condenas a los dos acusados superan incluso las penas solicitadas por la Fiscalía. La acusación pública pedía para Cendán tres años de inhabilitación, pero la jueza lo condena a un total de cinco por lo que tendría que dejar momentáneamente la política. En el juicio celebrado en el mes de diciembre, Cendán alegó que "todo se debe a una manipulación política". Pero algunos de los censados en 2003 llegaron a votar en aquellas municipales, para después darse de baja. Así lo reconocieron como testigos en el juicio.

Ante el Juzgado de lo Penal número 2 de Ferrol, el ex-regidor había admitido que "conozco posibles irregularidades porque hubo muchas altas, pero yo nunca di de alta a nadie en el patrón". En el piso de Montserrat Rodríguez llegaron a censarse sus padres, sus dos hermanos, una cuñada, una amiga que "quería escolarizar a su hija en Ares", la abuela de esta amiga, otro compañero que buscaba trabajo... y así hasta 13 personas. Por cierto, Cendán ganó esas elecciones y gobernó hasta 2007.

Destino: Sevilla. Delegación provincia A Coruña.



La comarca contará con varios representantes en el Congreso de Sevilla.
El Partido Socialista ha elegido a sus representantes para el Congreso federal de Sevilla, y en el que se solventarán aspectos tan importantes para el futuro del PSOE como la elección de nuevo líder. Alfredo P. Rubalcaba o Carmen Chacón.
Entre los diecinueve delegados figuran varios políticos de la zona. Comenzando por el propio Francisco Caamaño, nacido en Cee, y continuando por Enrique Vázquez Naveira(A Baña), María Agulleiro Fernández(Dumbría), o Caridad González Cerviño(Muros).Además como suplentes figura la secretaria general de los socialistas de Camariñas, Encarna Liñeiro Pouso, y la cercedense Silvia Fraga Santos.
Para el Presidente del PSOE coruñés, Francisco Caamaño “a lista intenta proxectar a diversidade da provincia nunha vontade de unidade política do socialismo coruñés” con la intención de llevar al Congreso de Sevilla “un mandato de renovación e transformación” do partido.
Entre los 19 delegados se espera una mayoría importante a favor de Carmen Chacón. Algunas fuentes aseguran que ya tiene 14 votos fijos. El propio Caamaño es uno de los apoyos firmes que tiene la política catalana.

http://www.anosacosta.es

EN GALICIA HAI UNHA ALTERNATIVA SOCIALISTA: DOCUMENTO.


O PSdeG-PSOE é fundamental para a sociedade e a democracia galega e para o futuro de Galicia, e tamén está chamado a xogar un papel relevante na nova etapa do PSOE.

  A derrota sufrida nas últimas eleccións xerais e autonómicas marca un novo tempo político, e os socialistas temos que revitalizar o noso proxecto político, rexenerar o modelo de partido e afondar nas propostas políticas para conectar e ilusionar a unha maioría social que demanda políticas de esquerdas.

  Os socialistas temos unha longa traxectoria de traballo polo país na construcción do Estado do benestar, na extensión dos dereitos sociais, na defensa da igualdade de oportunidades, na contrucción do Estado das Autonomías e na aposta pola integración de España en Europa e no mundo. Fronte á nosa traxectoria e compromiso histórico, as políticas conservadoras e neoliberais da dereita non constitúen a forma de construir unha sociedade mellor e máis xusta, e poden suponer retrocesos históricos nos logros acadados no país. En Galicia, o goberno da Xunta amosa a súa incapacidade de abordar con éxito os principais retos políticos, económicos e sociais do país.

  Os socialistas temos que reflexionar sobre a situación política, sen eludir a autocrítica necesaria para acertar na nova etapa, coa convicción e responsabilidade de constituir a alternativa posible ós gobernos da dereita. O debate político vai máis alá da batalla polos cargos políticos, sendo importante distinguir entre quenes queren aparecer como alternativa para manter posicións de poder e os seus cargos, e quenes temos entendido a importancia do debate de ideas e do cambio para construir unha alternativa de futuro no PSdeG-PSOE.  

  Somos conscientes dos grandes retos existentes no tempo en que vivimos, e cremos que o socialismo galego ten que abrir unha etapa de futuro. Por iso, amosamos o noso compromiso cun cambio real no PSdeG-PSOE baseado nas seguintes liñas de acción política:

1) Congresos Federal e Nacional abertos e con vontade de cambio.- Os socialistas temos que abrir unha nova etapa en Galicia e en España. Por iso, os vindeiros Congresos Federal e Nacional son clave para artellar a vontade de cambio, e resulta necesario que se celebren de forma aberta, con facilidade para o debate ideolóxico e político e para a presentación de diversas candidaturas. A realización de Congresos express, sen debate en profundidade e sen alternativas políticas poden supoñer unha solución política ficticia e retrasar a recuperación electoral.

2) Potenciación do debate de ideas e rexeneración do proxecto político.- A rexeneración de ideas e do proxecto constitúe o primeiro paso na dinamización e revitalización do socialismo galego. Primeiro, as ideas, logo as persoas. A necesidade de reflexión política conleva tamén un exercicio de autocrítica que permita ó partido recuperar máis credibilidade e conectar coa cidadanía que deixou de apoiarnos nas últimas eleccións autonómicas, municipais e xerais.

3) Impulso da esquerda e do socialismo democrático.- Frente ó conservadurismo que aplica recetas neoliberais, os socialistas temos que impulsar e rexenerar o discurso da esquerda. O compromiso dos socialistas có Estado do benestar, focalizado en aspectos como a sanidade, a educación, as pensións e a dependencia, constitúe unha prioridade para garantir a xusticia social e a igualdade de oportunidades. Os socialistas seguimos crendo no importante papel dos servicios públicos e do gasto social, e somos conscientes de que a salida da crise ten que selo pola esquerda. Asimesmo, o discurso da esquerda tense que construir desde o realismo e adaptado os novos tempos da sociedade actual.

4) Galeguismo cosmopolita, federalismo e europeísmo.- O PSdeG ten que re-elaborar o seu proxecto e discurso, conservando as súas sinais de identidade galeguistas dentro da estructura federal do PSOE, marcando unha axenda política propia que garanta ós socialistas galegos a capacidade de acción propia necesaria para facer frente os retos da Galicia do século XXI en Europa. A axenda política do PSdeG- PSOE para Galicia non pode ser definida desde a dirección federal, senón que corresponde facelo so socialistas galegos dacordo as normas e estatutos do partido.

5) Un partido aberto en contacto continuo coa sociedade civil.- Debe fortalecerse a relación bidireccional entre o partido e a sociedade civil. Deste xeito, hai que desenvolver os mecanismos necesarios para que a sociedade civil se involucre no partido, abrindo a organización á sociedade civil, e tamén hai que extender o partido hacia a sociedade civil, fortalecendo as nosa acción política no tecido social, económico e cultural.

6) Unha organización forte con vida propia máis alá dos cargos públicos.- O modelo xerárquico de partido liderado por cargos públicos e cunha estructura de arriba a abaixo ten que ser fondamente modificado para unha nova etapa. O partido ten que marcar a liña de acción dos cargos públicos, e resulta fundamental revitalizar o papel da militancia, favorecendo un modelo de partido que emerxa desde abaixo. Unha organización forte debe dar apoio ás agrupacións socialistas das vilas e pequenos concellos onde tan duro é resistir contra a dereita.  

7) Un partido fondamente democrático e participativo.- A militancia ten que ser a protagonista da nova etapa dos socialistas para rexenerar a organización, e a democracia participativa ten que ser unha realidade no PSOE. As asembleas locais e todos órganos do partido teñn que ter un funcionamento plenamente democrático, e a organización non pode permitir ningún tipo de falla de garantías democráticas. Non é admisible que os aparatos penalicen o debate e a discrepancia, e hai que permitir a implicación do maior número de persoas na organización. Neste senso, o sistema de primarias permite a decisión directa por parte dos militantes, e o sistema de primarias abertas de estilo francés debe ser tido en conta nun momento no que é necesario acercar ó partido á meirande parte da cidadanía progresista.

8) Non acumulación de cargos e aposta pola incorporación de novos cadros políticos.- A incompatibilidade de cargos públicos é unha norma da nosa organización que implica o citerio “un militante, un cargo público”. Todos os militantes somos iguais á hora de cumprir as normas sen excepcións, e a dirección política ten que facer cumprir as normas vixentes para non quedar deslexitimada. A experiencia é importante para a acción política, pero tamén é relevante permitir os relevos que sexan necesarios, valorando o talento e capacidade das nosas bases. Os novos tempos do PSdeG-PSOE deben facilitar a renovación gradual dos cadros políticos da organización, e a organización debe estudiar a cuestión da limitación de mandatos.


En resumen:

 Compartimos e manifestamos a necesidade de redefinir o proxecto socialista galego e situalo á altura do seu papel político no presente e no futuro.

                                                                    Galicia, Decembro do ano 2011.

Lotería de Nadal 2011. Sorte.



Un ano máis poñemos a venda as participacións da Lotería de Nadal 2011 (Sorteo Extraordinario do 22 de Nadal) por parte da Agrupación Socialista de A Baña vía internet.

Como en anos anteriores, e debido á gran demanda de participacións, repetiremos desde a coñecida rede social Facebook. Para os que aínda non sodes "amigos" do noso Facebook aquí vos dixamos o enlace http://facebook.com/psoe1

Nesta ocasión xogamos o número 98.456

Tamén podedes facervos con elas nos bares e locais comerciais do noso pobo, nas mans dos nosos compañeiros de agrupación, ou enviando unha mensaxe aos nosos buzóns de correo electrónico: consultas@psoeabaña.com ou a psoe_abana@yahoo.es

Farémosvos chegar as intruccións para recibilas, con toda comodidade, no voso fogar e sen gastos de envío.

Moita sorte para todos.